Servizos de tradución
Do inglés ao español e galego… ou entre o galego e o español
Tradución para dobraxe ou voces superpostas
Podo traducir guións para que logo un actor ou actriz de dobraxe se encargue de darlle voz ao que escribo. Tanto se é para dobraxe ou para voces superpostas, podes contar comigo: traduzo calquera produto audiovisual que estea guionizado.
Tradución para subtítulos e pautado
Necesitas incorporar subtítulos ao teu produto audiovisual? Nese caso, son a persoa que buscas. Podo ocuparme de traducir os teus subtítulos a partir dun guión e pautalos ou simplemente traducilos a partir dun modelo. Se queres, tamén podo incrustar os subtítulos no vídeo. Ti decides!
Tradución de metadatos
Se o que precisas é traducir os avances, teasers ou sinopses, tamén podo encargarme. Ocupareime de que todo o relacionado co teu produto audiovisual teña una correcta tradución e que se manteña a coherencia.
Subtítulos para redes sociais
Creación de subtítulos respectando os formatos das redes sociais. A maioría das veces non podemos utilizar o son, así que os subtítulos aseguraranche que a xente vexa o teu contido.
Accesibilidade
Subtítulos para xordos: Creación de subtítulos para persoas con discapacidade auditiva seguindo a norma UNE 153010. Axudareiche a que o teu produto sexa accesible para todo o mundo.
Transcrición
Se tes un vídeo en español ou galego para o que necesitas unha transcrición, fareino encantada. Podo crear o guión do teu produto audiovisual ou as listas de diálogos, o que desexes.
Revisión ou QC
Se queres que revise algunha tradución ou algún texto, pídemo. A revisión é un paso moi importante que adoita pasar desapercibido. Se queres librarte de calquera posible erro, axúdoche.
Localización de páxinas web
Queres chegar a un público máis amplo traducindo a túa páxina web? Podes contar comigo para localizar o espazo web do teu negocio e atraer máis clientes.
Traducións xerais
Se o que necesitas é unha tradución dun texto, tamén podo ofrecerche ese servizo.
Que é o que me fai diferente
Valores cos que me identifican
Confidencialidade
Traducións audiovisuais de calidade con total confidencialidade: rompe as barreiras do idioma sen preocuparte pola seguridade do teu contido.
Proximidade
Traducións audiovisuais próximas e personalizadas: acompáñote en cada paso do proceso para asegurar que a túa mensaxe chega coa empatía e o enfoque axeitados á túa audiencia.
Puntualidade e entrega
Traducións audiovisuais impecables: a miña puntualidade de entrega garante que o teu material chegue á audiencia a tempo, sen atrasos nin complicacións.
Creatividade
Traducións audiovisuais cun toque de creatividade: a miña paixón pola arte e a expresión permíteme ofrecerche solucións lingüísticas únicas e cativadoras, levando o teu contido audiovisual a un nivel superior.